As maniobras básicas realízanse accionando os frenos simétricamente, para decelerar, ou asimétricamente, para xirar. - Freos ó 100%: Mínima velocidade horizontal. Máxima tasa de caída. Mante-la freada supón entrar en pérdida por falta de sustentación. Utilízase exclusivamente na freada de aterrizaje. - Freos ó 50%: Mínima tasa de caída. Emprégase en ascendencias e en voo de máxima fineza con vento de cola. Freos ó 30%: Como posición intermedia. Aproxímase á posición de máxima fineza con vento en calma. - Freos ó 0%: Utilízase para obte-la máxima velocidade horizontal por exemplo con vento forte de cara e previamente á frenada final de aterrizaje, para compensa-lo posible efecto de gradente de vento. - Voo recto e nivelado: Unha vez no ar manteremos, inicialmente, una traxectoria recta que nos separe suficientemente da ladeira cos freos dun 10 ó 30%. - Viraxes: Para viraxes normais accionaremo-lo mando do lado hacia o que desexamos cambia-lo rumbo á vez que liberamo-la tensión do mando oposto, levantándoo. Podemos axudar moito cargardo o noso peso sobor do lado adonde queremos virar. Para nivelar basta con ceder progresivamente a tensión sobre o freo da viraxe ó mesmo tempo que tensamos o oposto . Canto máis forte sexa a viraxe, máis suave e coordinada debe se-la nivelación. Deste modo evitaremos balanceos innecesarios. O xirar a forza centrífuga xenera un alabeo incrementando a tasa de caída tanto máis e canto menor é o radio de xiro.
Pero recorda, ERROR GRAVE: Parece tan doado que nos invita a ser autodidactas, nunca o intentes sen pasar por unha escola.
|
|
|