O contacto co chan será suave, sempre que a toma se efectúe co vento de cara e a freada final se realice correctamente. A freada é inversamente proporcional á intesidade do vento Se a velocidade do vento está preto dos 20 km/h, a toma pode facerse con velocidade cero. É necesario, antes de aterrar, sair do arnés-silla e quedar en posición vertical. con tempo suficiente. Igualmente, é recomendable entrar dando dous ou tres pasos. Nembargantes, cando non tivemos en conta o gradente ou a necesidade de entrar co viento en cara, e nos aproximamos ó chan con velocidade e tasa de caída excesivas, é necesario prepararse para un impacto forte, adoptando a postura de pernas semiflexionadas, espalda curvada e músculos en tensión (pés e pernas xuntos e facemo-lo contacto co chan con toda a planta).
Os erros máis comúns na aterraxe son: Frear antes de tempo, cando aínda estamos a demasiada altura sobre o chan, co que se xenera unha perigosa pérdida. Frear moi tarde ou insuficientemente, o que conduce a unha "toma" a demasiada velocidade.
|
|
|